Os nenos de Triacastela despediron o segundo trimestre cunha excursión ao Monte Oribio

SarriaXa
Os nenos de Triacastela despediron o segundo trimestre cunha excursión ao Monte Oribio cunha comida e actividades
Ceip Eduardo Cela Vila Triacastela
13 Apr 2023

O alumnado de Triacastela, do Ceip Eduardo Cela Vila celebrou unha xornada distinta para despedir o segundo trimestre.

Así, comezaron cunha ruta desde a escola ata a alvariza, durante a cal o alumnado e docentes desfrutaron do ecosistema e foron descubrindo a fauna e a flora do lugar. Ao chegar á alvariza, realizaron un coloquio sobre a importancia da apicultura e do oso.

Ao rematar, xantaron na Área Recreativa do Monte Oribio para rematar o día desfrutando no parque de Triacastela. Así puxeron punto e final a un segundo trimestre moi positivo, cargado de novos coñecementos, soños e ilusións.

⚙ Configurar cookies
0.7401659488678