Os nenos do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela actuaron diante do Concello

SarriaXa
Dende o Concello agradeceron esta visita tan especial, destacando o entusiasmo e a enerxía dos pequenos artistas
nenos-de-Paradela-no-Concello-polo-Nadal
18 Dec 2024

Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela ofreceron un entrañable concerto de panxoliñas diante do Concello, enchendo o ambiente de espírito festivo e emoción propia destas datas.

O recital, cargado de ledicia e ilusión, incluíu panxoliñas tradicionais e modernos cánticos de Nadal, finalizando cun baile cheo de ritmo e colorido que puxo o broche de ouro a unha actuación que deixou a todos os asistentes cun sorriso.

Dende o Concello agradeceron esta visita tan especial, destacando o entusiasmo e a enerxía dos pequenos artistas, que demostraron unha vez máis a importancia de manter vivas as tradicións culturais.

“Graciñas por vir a visitarnos con esa ledicia e espírito do Nadal!”, declararon os organizadores, que aproveitaron a ocasión para desexar unhas felices vacacións a todos os participantes.

0.15013694763184