Os nenos do CEIP Ricardo Gasset do Incio adiantaron as 12 badaladas
Os nenos do CEIP Ricardo Gasset do Incio celebraron no día de onte unha iniciativa chea de maxia, orixinalidade e tradición.
Desprazáronse ata a casa consistorial para celebrar as badaladas de Fin de Ano no mediodía. A cita organizada cuns pratos de percusión e gusanitos para substituír as uvas foi todo un éxito e, serviu como adestramento para o que acontecerá o derradeiro día do ano.
Este tipo de actividades axudan a facer parroquia e veciñanza, unha iniciativa que permite compartir un dos momentos máis esperados do ano coa xente coa que comparten a meirande parte del.
Esta cita foi aproveitada polo Concello para entregar aos nenos e nenas dun agasallo de Nadal que tamén farán chegar aos veciños do Incio que acoden ao colexio a Oural.
Badaladas
As doce uvas da sorte é unha tradición española que consiste en comerse unha uva con cada badalada do reloxo á medianoite do 31 de decembro para dar a benvida ao Aninovo. Segundo a tradición, comer as doce uvas conduce a un ano de boa sorte e prosperidade.