Os nenos dos colexios de Samos e Triacastela festexaron o seu 'Antroido'
Os nenos dos colexios CEIP Eduardo Cela Vila e do CEIP de Samos xuntáronse para festexar o Entroido e recuperaron o nome tradicional da festividade: o Antroido.
Entre as actividades que levaron a cabo, os nenos de ambos colexios, mesturados, levaron a cabo un obradoiro onde elaboraron chapas de Entroido que levaron consigo.
Ademais, realizaron un percorrido polo municipio de Samos caracterizados de píntegas, rás, londras e troitas na compara Fauna do Oribio ata chegar ao Centro de Día, onde cantaron dúas cancións de Entroido.
Despois, volveron ao colexio de Samos e comeron todos xuntos antes de que tivera lugar un desfile para as familias das dúas comunidades educativas, que puideron desfrutar ao finalizar dunha chocolatada, orellas, filloas e rosquillas caseiras.