Os nenos da EEI Xela Arias de Sarria recollerán o premio do concurso 'Cantamos coas mans' o 24 de maio
A Escola de Educación Infantil (EEI) Xela Arias de Sarria conseguiu o premio do concurso 'Cantamos coas mans', coa canción infantil 'Don Ramón de Magín Blanco', na que participaron todos os nenos mostrando a súa capacidade para utilizar a linguaxe de signos.
O concurso, convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, contou coa participaron de 41 centros educativos de Galicia, pero foron os 80 nenos adscritos ás escola infantil sarriá os que conquistaron ao xurado da Federación.
Así, durante a canción 'Don Ramón de Magín Blanco', os nenos e nenas signaron en linguaxe de signos tal e como se lles ensina na escola, xa que contan cunha intérprete que está presente en diferentes actividades.
O vindeiro 24 de maio terá lugar a entrega do premio en Santiago de Compostela, na que, ademais de galardonar ao centro sarriao, tamén se entregará o premio do público a un colexio de Vilanova de Arousa e mencións de honra a colexios de Vigo e Culleredo.