Os nenos e nenas de Láncara poderán desfrutar de actividades extraescolares ata xullo

SarriaXa
Os nenos e nenas de Láncara poderán desfrutar de actividades extraescolares ata xullo grazas á iniciativa do Concello
láncara concello
27 Abr 2023

O Concello de Láncara organiza novas actividades extraescolares para os máis pequenos do municipio.

Estas actividades terán lugar en maio e xuño e estarán dirixidas a nenos e nenas de 3 a 16 anos, no caso da iniciativa Kids Zumba, e a nenos de 4 a 12 anos no caso das actividades de psicomotricidade e predeporte infantil.

As prazas para estas actividades son limitadas e as persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a través dos números de teléfono 982543066 e 630671177.

0.068897008895874