Os nenos e nenas de Láncara representarán un 'pesebre vivente' o vindeiro día 22

SarriaXa
Láncara acollerá unha representación teatral levada a cabo polos nenos e nenas da parroquia consistente nun 'Pesebre Vivente'.
16 Dec 2023

Láncara acollerá unha representación teatral levada a cabo polos nenos e nenas da parroquia consistente nun 'Pesebre Vivente'.

Así, o vindeiro 22 de decembro todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán desfrutar dela na Praza dos Labregos a partir das 17.00 horas.

Esta iniciativa, ademais de ser unha representación especial do Nadal, incluirá unha chocolatada para todas as persoas asistentes.

0.10403680801392