Os nenos e nenas de Paradela desfrutaron dunha experiencia de Samaín
SarriaXa
Dende o Concello de Paradela tamén quixeron sumarse e colaborar con eles nun día tan "terrorificamente divertido", dixeron
2 Nov 2024
Os nenos e nenas da Casa Niño Pitiños e do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela percorreron as rúas de Paradela, visitando os locais e veciños para celebrar a festa do Samaín.
Así, os pequenos participaron nunha divertida experiencia de Truc ou Trat nun "día moi especial onde todos desfrutamos moitísimo", din desde o Concello.
Ademais, dende o Concello de Paradela tamén quixeron sumarse e colaborar con eles nun día tan "terrorificamente divertido", concluíron.