Os nenos e nenas de Samos seguen a desfrutar de moitas actividades no campamento de verán

SarriaXa
Desde o centro educativo animaron a participar aos nenos na Feira de Artesanía de Samos, onde houbo exposición de manualidades e un gran 'photocall' elaborado polos pequenos
campamento-Ceip-Samos
20 Ago 2024

Os nenos e nenas de Samos están a desfrutar dun campamento de verán con moitas e diversas actividades que se están a levar a cabo nas instalacións do CEIP Samos.

Así, desde finais de xuño, os e as participantes desfrutaron de xogos no patio do colexio, de manualidades no comedor e nas aulas do centro, tamén fixeron xogos cooperativos e de auga na parte traseira do colexio, onde hai un gran campo verde onde se refrescaron da calor.

Ademais, tamén se celebraron aniversarios, fixéronse excursións á piscina, e fixéronse traballos de artesanía, sobre todo enfocados á Feira de Artesanía de Samos que tivo lugar o 11 de agosto e na que o colexio tamén participou cun ‘photocall’ e coa exposición dalgunhas das manualidades elaboradas no campamento.

Para rematar o mes de xullo, fixeron xogos tradicionais, festa da escuma, tamén houbo unha xornada de pintacaras e, despois da Feira de Artesanía, en agosto tocou a semana de experimentos, prácticas con enerxia estática, plastilina caseira e pompas gigantes.

Con todo, o campamento seguirá durante o mes de agosto ata setembro, seguindo con máis actividades para que os nenos e nenas de Samos desfruten dun verán divertido.

0.18565821647644