Os nenos e nenas de Sarria desfrutaron dunha xornada con Papá Noel e o Grinch
A vila de Sarria segue sendo escenario de actividades para pequenos e adultos no marco do Nadal, tendo lugar, no día de onte, o percorrido de Papá Noel polas rúas do Concello de Sarria na súa Cabalgata, sendo a actividade primordial do día.
Esta Cabalgata, organizada polo Club Clásicos e o Concello de Sarria e na que colaboraron o CB Sarria, a SD Sarriana, o DHG Team, o Club Atalaya, o Club Xirandela e o Club Aixa, comezou sobre 18.00 horas, desde a estación de tren, e percorreu Sarria ata a Praza da Vila. Durante o traxecto, ademais, no cruzamento da avenida Portomarín co da rúa Pedro Saco, minimizouse o son en atención ás persoas con hipersensibilidade acústica.
Ao chegar á Praza da Vila, Papá Noel entrou na súa casa, onde familias e sobre todo os máis pequenos puideron falar con el e deixarlle as súas cartas, así como tamén puideron coñecer ao Grinch, o inimigo de Papá Noel, xa que é un ser amargado que quere acabar co Nadal. Porén, aí estivo recibindo xunto a Papá Noel recibindo aos nenos e nenas de Sarria.
Con todo, continúa a programación de Nadal este xoves, 26 de decembro, ás 17.30 horas, na Casa da Cultura, coa obra 'Vixiante de Sons', de Ubú Teatro. Xa o venres, 27 de decembro, ás 17.30 horas, haberá unha sesión de Cinema Infantil, e o sábado, 28 de decembro, ás 17.30 horas, terá lugar a Gala de Maxia organizada por Roberto Lolo.
Pola súa banda, o domingo, 29 de decembro, ás 17.30 horas presentarase o espectáculo teatral 'Mostrólogo' de Trécola Teatro; e ás 20.00 horas terá lugar o tradicional Concerto de Nadal na Igrexa do Rosario.
O martes, 31 de decembro, ás 18.00 horas, as rúas do Concello de Sarria acollerán a Milla Urbana, que cada ano congrega decenas de persoas que se animan a correr pola vila de Sarria durante o último día do ano.
En xaneiro, comezará o Festival en Conto de Nadal polo Rural con Noelia Porto, parando o día 2 en Manán ás 12.00 horas, ás 17.30 horas na Casa da Cultura e ás 19.00 horas en Vilapedre. Mentres, o día 3 estará ás 12.00 horas en Oural, ás 17.30 horas en Ortoá e ás 19.00 horas en Vilamor.
Ademais, ese mesmo día 3, ás 17.00 horas, na Praza dá Vila terá lugar a presentación do libro 'Vidas Exiliadas' de Javier Conde e ás 18.30 horas a Asociación Peleriños traerá os Cantos de Reis.
O domingo 5 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Praza da Vila e a Casa da Cultura, terá lugar o Concerto da Banda da Comarca de Sarria; e ás 17.30 horas as rúas do Concello de Sarria recibirán a Cabalgata dos Reis Magos.
Ademais, desde ata o 7 de xaneiro, o Mercado de Nadal e a pista de xeo estarán dispoñibles na Praza da Vila.