Os nenos e nenas de Triacastela despediron o segundo trimestre cunha xornada especial

SarriaXa
Entre poemas, ríos e parques, os alumnos compartiron momentos e experiencias únicas no entorno rural
excursion-CEIP-Triacastela
4 Apr 2026

Os nenos e nenas do colexio de Triacastela participaron nunha xornada especial organizada para despedir o segundo trimestre. A mañá comezou no centro educativo, desde onde partiron cara á Castiñeira de Ramil, a gardiana dos soños, das historias persoais e dos vínculos do rural. Alí escribiron o momento máis especial destes meses e compartírono.

A seguinte parada foi nun prado con vistas ao Oribio, onde a inspiración chegou en forma de verso e construíron un poema colaborativo.

A xornada continuou xunto ao río, escoitando o seu son e falando das sensacións que lles provocaba. Antes de regresar ao colexio, fixeron tamén unha pequena parada no parque para rematar a mañá con diversión.

0.11154913902283