Os nenos e nenas de Triacastela e Samos desfrutaron xuntos da festa do Samaín

SarriaXa
A xornada, repleta de convivencia e cultura, rematou con actividades ás que asistiron as familias de ambos centros
Samaín-colexio-Triacastela
8 Nov 2024

O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela celebrou co seu alumnado un "especial e máxico" día de Samaín, onde os nenos e nenas de Triacastela recibiron a visita dos seus compañeiros de Samos.

A xornada comezou coa benvida da Bruxa Maruxa, sendo todos testigos de como collendo diferentes elementos da contorna conseguiu facer unha poción para poder voar.

Seguidamente, chegou o momento das manualidades, elaborando a través de diferentes materiais artísticos corvos e espantallos, os protagonistas deste Samaín.

Tras recuperar forza coa merenda e un tempo de xogo, desfrutaron do contacontos de Manuela Varela 'Queda sitio na vasoira?'; durante a actuación os nenos e nenas axudaron a que diferentes animais puidesen voar na vasoira da Bruxa Manteiga.

Xa rematado o contacontos, realizouse un xantar conxunto no comedor decorado para a ocasión e para rematar esta xornada repleta de convivencia e cultura, abodáronse as últimas actividades do día ás que asistiron as familias de ambos centros: a representación dunha historia de amizade entre os espantallos de Samos e os corvos de Triacastela e un Magosto conxunto.

0.18006300926208