Os nenos e nenas de Triacastela honraron a Rosalía de Castro
SarriaXa
Os nenos e nenas de Triacastela honraron a Rosalía de Castro
7 Mar 2023
O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro e o alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela rematou hai pouco de representar mediante un traballo manual esta muller representativa de Galicia.
Para coñecer e agradecer o seu gran labor na conservación e difusión do galego, os nenos e nenas de Infantil e Primaria decoraron o rostro da escritora.
Posteriormente, elaboraron un mural coa bandeira galega da que penden os libriños que contan e ilustran a vida da intelectual.
Durante a elaboración descubriron tamén parte do seu poemario, transmitindo toda a súa forza e paixón.