Os nenos e nenas de Triacastela levaron a cabo varias actividades polo Día Mundial do Medio Ambiente

SarriaXa
Os nenos e nenas de Triacastela levaron a cabo varias actividades polo Día Mundial do Medio Ambiente durante a semana pasada
Día mundial medio ambiente Triacastela
14 Xuño 2023

O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela traballou a importancia de coñecer, respectar e coidar o medio ambiente para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.

Así, visualizaron diferentes vídeos reais para causar neles un impacto ideolóxico e emocional e explicóuselles que a Educación Física é unha materia que permite desenvolver deporte na natureza á vez que se coida o medio natural.

Despois destas actividades, cada neno e nena realizou unha pequena infografía onde propoñían e ilustraban cinco accións para protexer o medio ambiente.

E, finalmente, levaron a cabo unha actividade experimental coa que se pechou tamén o proxecto 'Navegando polo Río Oribio', comezado no pasado setembro, na que o alumnado da escola, acompañado por persoal de ADEGA, examinou a fauna e a flora do ecosistema, chegando á conclusión de que a calidade e saúde do Oribio é excelente.

0.19075703620911