Os nenos e nenas do Ceip de Triacastela despediron o ano coa representación do Apalpador

SarriaXa
Desde o Concello de Triacastela veñen de dar conta de como se desenvolveu o último día de trimestre no CEIP Eduardo Cela Vila por parte da comunidade educativa, unha xornada que cualifican como "realmente especial e emotiva".
8 Xan 2024

Nais e pais, avós e avoas, tíos e tías, os peques da Casa Niño Vivarachos e outros membros da comunidade xuntáronse para despedir este primeiro trimestre e o 2024 a través de actuacións, chocolate e unha pequena merenda de Nadal.

A xornada comezou coa representación da obra teatral 'O Apalpador', de Carlos Labraña. Tras a actuación dos nenos e nenas de Primaria comezaron os máis peques do cole, dándolle ritmo e alegría co baile da cantiga 'Árbore de Nadal'. Finalmente, os nenos e nenas realizaron un Obradoiro de Inverno cos familiares asistentes, formando copos de neve que colgan dunha estrutura de cartón.

0.16186714172363