Os nenos e nenas do Ceip Eduardo Cela Vila seguen desfrutando do Club de Lectura do Oribio

Os organizadores do Club de Lectura do Oribio informan de que o pasado venres tivo lugar na biblioteca 'Rosalía de Castro' unha nova sesión do Club de Lectura do Oribio.
Durante a xornada retomaron o traballo do libro 'Breicar', da veciña triacastelá Mirella López, e tamén comezaron con lecturas voluntarias realizadas polo alumnado, á vez que comentaban as dúbidas e refrescaban o lido en sesións anteriores.
Posteriormente, fixeron pequenos grupos para realizar resumos ilustrados do lido coa fin de comezar a sesión desta semana con eses resumos. Este venres terán unha nova sesión de lectura e de compartir momentos a partir das 15.45 horas.