Os nenos e nenas do CEIP Ricardo Gasset do Incio despiden o ano
Entre as actividades de Nadal organizadas no Concello do Incio, no CEIP Ricardo Gasset os nenos e nenas despediron o ano indo de visita ás persoas maiores da residencia de anciáns do Incio.
Alí, cantaron panxoliñas e compartiron momentos moi especiais cos máis maiores, cos que plantaron en dous testos a flor lavanda, un para o colexio e outro para a residencia.
Tamén lles levaron adornos para poñer máis bonita árbore de Nadal da residencia e que así os recorden nos momentos que se sintan máis nostálxicos.
Ademais, antes de irse de vacacións, celebraron o xogo do amigo invisible.
Así, cada alumno e alumna fíxolle un agasallo a outro compañeiro ou compañeira de maneira caseira.
Foron momentos de compartir e sorprenderse os uns aos outros.