Os nenos e nenas do Incio protagonizaron un festival de música para a veciñanza

SarriaXa
Os nenos e nenas do campamento de verán, que tivo lugar entre os meses de xullo e agosto coa organización do Concello e impartido pola entidade Creados, celebraron a súa última actividade no marco deste programa educativo, que consitíu nun festival baixo o nome do 'O son do Incio'.
Festival o son do Incio
31 Ago 2023

Os nenos e nenas do campamento de verán, que tivo lugar entre os meses de xullo e agosto coa organización do Concello e impartido pola entidade Creados, celebraron a súa última actividade no marco deste programa educativo, que consitíu nun festival baixo o nome do 'O son do Incio'.

Protagonizado polos nenos e nenas do Concello, durante a mañá do mércores os veciños e veciñas do Incio puideron desfrutar dun espectáculo de música, baile e traxes diferentes diante do antigo mercado gandeiro.

Ao longo de todo o verán, un total de 34 nenos e nenas foron pasando polo campamento, no que fixeron actividades e xogos moi divertidos, como demostraron na actuación do Festival 'O son do Incio'.

0.13634514808655