Os Nickis actuarán na Sociedade Cultural La Unión de Sarria

SarriaXa
Os Nickis actuarán na Sociedade Cultural La Unión de Sarria este sábado 11 de marzo e a entrada é gratuíta ao público
Os Nickis Sarria
10 Mar 2023

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria acolle este sábado, 11 de marzo, unha actuación do grupo musical Os Nickis.

Son unha agrupación de persoas de Sarria que se xuntan para preparar repertorio de cancións para facer versións de cancións galegas, boleros españois, estilo cubano, algunhas cancións australianas.

Esta actividade terá lugar ás 21.00 horas e estará aberta a todo o público de maneira gratuíta.

O nome de Os Nickis vén de que un dos integrantes do grupo chámase Nicolas, que veu de Australia ata a comarca sarriá, onde comezou a dar concertos de forma individual en Samos.

Outras tres persoas que conforman o grupo coñecérono e decidíronse a unirse para dar lugar a Os Nickis.

Os Nickis Sarria
0.1540801525116