Os obradoiros e postos de artesanía e as actuacións musicais foron os protagonistas da Feira da Artesanía de Samos
Decenas de persoas achegáronse este domingo a Samos para desfrutar da Feira da Artesanía, recuperada pola Asociación de Comerciantes de Samos e apoiada polo goberno local.
Así, a pesar da calor, os postos artesanais en madeira ou cestos estiveron cheos de xente durante toda a xornada do domingo, na que ademais de artesanía, puideron degustar a gastronomía galega, en concreto do polbo e dos famosos Biscoitos de Manxarín, mel da zona, queixo, licores, libros...
Ademais, houbo actividades durante a xornada para nenos e adultos da man de obradoiros e talleres nos que os artesáns amosaron como levan a cabo os seus productos e houbo actuacións de grupos musicais galegos tradicionais e folklóricos.
Despois de non celebrarse desde o 2018, o goberno local valora moi positivamente esta iniciativa e a acollida que tivo, xa que tanto veciños como visitantes estiveron animados e “parece que lles gustou moito”.