Os organizadores da Festa do Rosario valoraron positivamente o desenvolvemento do evento

SarriaXa
Durante a xornada, veciños e veciñas e achegados puideron desfrutar de actuacións musicais, iniciativas relixiosas e unha gran comida popular
Comida-Festa-do-Rosario
15 Out 2024

A Festa do Rosario de Sarria acolleu centos de persoas que participaron dos actos organizados pola comisión formada por Ascensión Romero, o cura Carlos da Igrexa do Rosario, Carlos Vilariño, Kevin Abuín, Jefferson Castillo e Adrián López; que valoraron moi positivamente o desenvolvemento da festa.

Desta maneira, todo comezou na Igrexa do Rosario coa misa ás 12.00 horas deste sábado, 12 de outubro, na que actuou o Coro Sarricanta e, a continuación, tivo lugar a procesión da Virxe do Rosario polas rúas Formigueiros, Matías López, Catro Camiños e Gran Vía ata volver á igrexa.

Despois destes actos relixiosos, os participantes puideron desfrutar dunha sesión vermú amenizada pola Banda de Música de Sarria e, posteriormente, tivo lugar a gran comida popular da que puideron desfrutar os veciños e veciñas do barrio, así como achegados.

Durante a tarde, houbo sorteos de produtos de establecementos de Sarria e actividades infantís ata as 20.00 horas, cando chegou a quenda da banda Louband, que fixo a súa actuación seguida do Dj Marcos OM.

0.1673789024353