Os organizadores do DHU Vila de Sarria presentan toda a programación do evento

SarriaXa
Ademais do deporte, haberá diversas actuacións musicais o sábado pola noite, postos de gastronomía e actividades infantís
DHU-Vila-de-Sarria
8 Xul 2024

O DHU Vila de Sarria, considerado o mellor descenso urbano de España, celebra 11 anos os vindeiros 13 e 14 de xullo e contará co apoio do seu patrocinador principal, o Concello de Sarria, e patrocinadores institucionais como a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

Esta edición vén cargada de novidades que abarcan desde o deportivo, cultural ao gastronómico, xa que o descenso urbano contará coa participación de corredores de renome como Toni Ferreiro, Eva Castro ou Bicitor, participantes de coroaron en múltiples ocasiones campionatos nacionais de DH ou Enduro e mesmo varias probas internacionais.

A proba disputarase na xornada do sábado con adestramentos e a esperada carreira, que poderá ser seguida en streaming, emitida nunha pantalla xigante na Avenida de Sarria e narrada por un speaker profesional. O horario da manga clasificatoria será ás de 16.00 horas e a manga final ás 17.30 horas do domingo 14 de xullo.

Cun afán de chegar a un público de todas as idades e intereses, inclúense á súa programación un Market Urbano (Zona Avenida) que poderá ser visitado desde o sábado ás 09.30 ao domingo ás 20.30 horas, onde o público asistente poderá pasearse entre casetas de roupa, bicicletas, artigos de agasallo, etc…

Xusto á beira deste, situarase a zona gastronómica, na que co mesmo horario habilítanse zonas de descanso para recuperar enerxías degustando un menú variado para todos os gustos: polbo, churrasco, bocadillos, hamburguesas... así como varias zonas de bar e merchandising do club DHG.

Máis actividades

Durante a mañá do 13 de xullo disputarase o Mini DHU Vila de Sarria, a versión dun descenso na que os protagonistas serán os máis pequenos.

Na tarde terá lugar unha exhibición e concurso de dirtjump, onde corredores como Miguel Ángel Guerrero “Carolo” (un dos pilotos que gañaron a afamada competición do Marisquiño na modalidade de dirtjump). Os adestramentos desta disciplina faranse durante toda a xornada do sábado e a competición terá lugar ás 19.30 na Avenida de Sarria, que será emitida na pantalla xigante que estará situada na Avenida para gozar dos trucos que farán estes pilotos.

Durante a noite do sábado, dando descanso ao deportivo, continuarase a xornada totalmente gratuíta cos concertos de Thee Blind Crows ás 21.30 horas, de Drugos ás 22.25 horas e unha das bandas máis destacadas do panorama nacional Los Enemigos ás 23.20 horas rúa Benigno Quiroga 22. A xornada pecharana os Corvos Cegos cunha sesión de música rock.

O domingo 14 a partir das 11.00 horas realizaranse varios talleres de skate nun skate park que quedará habilitado para que os máis pequenos practiquen en monopatín, skate ou patinete durante todo o día. Os nenos e nenas a partir de 4 anos tamén poderán participar nun taller de danza urbana ás 12.00 horas a cargo de Creativa Sarria, na que aprenderán varias técnicas asociadas a bailes como o Hip Hop e outras disciplinas.

A partir das 14.00 horas, na zona gastronómica/pódium de Benigno Quiroga haberá sesión vermú a cargo de Pablo Eu mais Eu.

Durante a tarde, a partir das 16.00 horas terá lugar a primeira manga e ás 17.30 horas será a manga final, e disputarase a esperada cita na que os máis rápidos coroarán a proba reina do descenso urbano en España.

O clube agradece a patrocinadores e colaboradores así como a todos os voluntarios que fan posible que ano tras ano se dispute o DHU Vila de Sarria.

0.16815996170044