Os organizadores do DHU Vila de Sarria valoran positivamente unha edición en ascenso

SarriaXa
Desde a organización do evento DHU Vila de Sarria por parte do DHG Team sosteñen que esta edición foi todo un éxito polo aumento de participación e de público
Dhu-Vila-de-Sarrria-descenso-2024
17 Jul 2024

Desde a organización do evento DHU Vila de Sarria por parte do DHG Team, sosteñen que esta edición foi todo un éxito polo aumento que houbo desde o punto de vista do público, xa que se achegaron á vila arredor de 2.000 persoas, como da participación, xa que foron 150 nenos e nenas no MINIDHU, 130 adultos no DHU e oito na novidade deste ano, o Dirt.

Así, din estar “contentísimos porque vimos como á xente de Sarria lle encantaron todas as novidades deste ano, como o Dirt, a zona de mercado solidario da man da ONG, a zona de postos de comida e bebida, así como tamén foi unha novidade positiva os talleres de danza urbana e skate”, sosteñen desde o DHG Team.

Ademais, os concertos encheron a vila sarriá, sobre todo o de Los Enemigos, no que actuou o grupo de rock español tan recoñecido, así como se puido ver nunha pantalla xigante a final da Eurocopa, onde “non cabía unha alma máis, estaba todo cheo”, destacan.

Así, quixeron agradecer ao Concello de Sarria, á Xunta, á Deputación de Lugo, a establecementos da vila e a todo o público, así como aos participantes toda a colaboración para desenvolver este evento deportivo.

CLASIFICACIÓN DAS PROBAS

Con respecto á clasificación nas diferentes probas que se desenvolveron durante a fin de semana, cabe destacar, na categoría Elite, a Antonio Ferreiro, Esteban Paz e Kevin Xoel (tamén na categoría Elite Sub23 junior); así como a Alba Arias, Sara Yusto e Eva Castro.

Pola súa parte, na categoría SUB23 destaca Sergio Veiga, André Martínez e Gael Martínez; á vez que destaca na mesma categoría, pero feminina, Cristina Menéndez.

Con respecto á categoría Junior, os mellores foron Raúl Romero, Yago Caride e Miguel González; a na feminina puntuaron Natalia Menéndez e Alexia Santervas.

Na categoría Master 30 destacaron Daniel Ruiz, Santos Lemos e Nicolás Larrán; na Master 40, Víctor Sáenz, Borja Caneiro e Rubén Piñeiro; e na Master 50, Ricardo Escudero, Alberto Vázquez e Antonio Vázquez.

Pola súa parte, na categoría Cadete destacaron Leo Álvarez, Mario Barreiro e Enol Torre; e, finalmente, na categoría feminina da Elite Sub23 Junior destacaron Cristina Menéndez, Alba Arias e Sara Yusto.

Con respecto ao Dir Jump, os primeiros clasificados foron Diego Solans, Carolo e Nuno Pintas, por esa orde desde o primeiro ao terceiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14697790145874