Os organizadores do Festival Terra Brava do Incio confirman o último artista do evento
Os organizadores do Festival Terra Brava do Incio confirman o último grupo que actuará no seu evento os vindeiros 24 e 25 de agosto.
Este será O sonoro Maxín, que naceu no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega, que formaban parte de diferentes proxectos como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions.
Así, estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro daquel ano. Desde entón percorreron nos anos seguintes toda a xeografía galega con máis de 150 concertos, nos que compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Os Delinqüentes ou Tonino Carotone.
Desta maneira, no Terra Brava actuará Charanga Sin Control, O Val das Mouras, Guezos, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, e O Sonoro Maxín.