Os organizadores do Torneo Fútbol Sala San Xoán din "estar moi agradecidos e satisfeitos" con esta edición
O equipo de fútbol sala Alumisar gañou o XXXIII Torneo Fútbol Sala San Xoán de Sarria que se celebrou no pavillón José Mario González durante esta fin de semana despois de non celebrarse desde 2016.
Así, ademais de Alumisar, os premiados foron Colonos, que quedaron segundos; A Lareira, terceiros; Amumisar “B”, como cuartos; mentres que Os Meigallos F.S. foron recoñecidos como mellor equipo do Concello de Sarria; Álvaro Cerviño, dos Meigallos, foi galardonado por mellor porteiro; Camilo, de Colonos, por mellor xogador; e Alejandro Abella, da Lareira, como máximo goleador.
Os organizadores deste torneo din sentirse "moi satisfeitos polo bo desenvolvemento do torneo durante a fin de semana" e subliñan "a ilusión de recuperar o torneo, porque facía 7 anos que non se celebraba, do mesmo xeito que nos encantou ver a bancada con moitísima xente que sobre todo cando eran os partidos eliminatorios".
Ademais, quixeron destacar o bo comportamento de todos, xogadores e público e agradecer a todos os equipos participantes pola súa participación. Por último, fixeron mención a José Manuel Barreiro "que grazas a el, os partidos podíanse seguir a través dunha canle de Youtube".