Os orzamentos da residencia Nosa Señora do Carme de Sarria ascenden aos 1.346.332 euros
O orzamento da residencia de maiores Nosa Señora do Carme ascende aos 1.346.332 euros, isto supón un aumento do 34,6% con respecto ás últimas contas aprobadas no ano 2015. Dende este ano traballase coas mesmas prorrogadas.
O gasto máis grande correspóndese co persoal, cun total de 993.131 euros, continúa o capital destinado aos gastos correntes con 353.200 estes inclúen o mantemento das instalación, os víveres, maquinaria e produtos sanitarios e farmacéuticos. As inversións non están reflexadas neste presuposto xa que estas inclúense nas contas municipais do Concello.
As taxas dos usuarios da residencia correpóndense cos únicos ingresos cos que conta o centro, estes prevese que alcancen os 1.004.500 euros. A cifra foi calculada tendo en conta o último exercicio e a ordenanza actual, sen incluír subidas do IPC. Con isto, o resultado é un déficit de 341.832 euros que ten que asumir o Concello xa que o centro non conta con axudas de ningunha outra administración pública.
Este orzamento será levado ao pleno onde se someterá a votación para ser aprobado ou non.
O encontro serviu tamén para informar de que se está levando a cabo un estudo de viabilidade para ver si é posible a ampliación da residencia que actualmente ten 90 prazas, considerando este número insuficiente para o concello de Sarria.