Os Palimoquiños actuarán hoxe 23 de abril en Láncara
Hoxe, sábado 23 de abril, Láncara acollerá unha actuación do circuíto teatro afeccionado da Deputación. Os Palimoquiños levarán ao polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao a obra Borralliña. Unha representación dirixida a público infantil e familiar que dará comezo ás 12.00 horas.
Nesta obra, participan trece actores e actrices do grupo xuvenil da Escola de Teatro Palimoco de Lugo.
SINOPSE
Hai moito moito tempo, había un país moi rico gobernado por un Rei e unha Raíña xustos e bondadosos. El chamábase Cintolo e ela Madrepérola. Eran moi felices xunto co seu fillo Azul Celeste. Só unha preocupación atenazaba os seus corazóns, o desexo de ver ao seu fillo casado…
ESCOLA PALIMOCO TEATRO
A Escola Palimoco teatro ofrece adestramento actoral de corpo e voz, construcción de personaxes, dramaturxia, historia do teatro, danza para actores e actrices… Clases dende os 3 anos en adiante. Coa posibilidade de formar parte do elenco dun dos grupos da Escola segundo idade e nivel, participando na montaxe e mostra dun espectáculo teatral.
Esta iniciativa conta coa colaboración de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Curuxan (Lugo), Nova Escena Teatro (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Os Trocos (Castro de Rei), Pico do Castro (Foz), Alentía Teatro (Palas de Rei), A Mariña (Cervo), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Metátese Teatro (Palas de Rei), Os Pinchacarneiros (Lugo), Argalleiras (Chantada) e Teatreiras (Monforte).