Os pequenos de Sarria teñen unha cita hoxe, 13 de abril, na casa da cultura
O Concello de Sarria segue a organizar actividades infantís durante o período vacacional de Semana Santa. Á xornada de contacontos de César No, e o día de proxección de Valentina súmase outra actividade de contacontos, nesta ocasión da man de Laura Domínguez. A actividade terá lugar hoxe 13 de abril ás 18.00 horas na casa da cultura.
Que significan as miradas? Gretel, a protagonista deste conto, con axuda de alguén moi especial, logrará entender as miradas dos demais?.
Unha historia que fará reflexionar a pequenos e grandes sobre o poder que teñen as persoas de ser únicos e especiais, normalizando o diferente e dándolle valor a aquelo que caracteriza a cada persoa.
LAURA DOMINGUEZ
Laura, con raíces galegas e andaluzas, instáurase desde os dous anos en Espartinas, un pobo tranquilo nos arredores de Sevilla.
Aos seus 20 anos de idade, feliz, ilusionada e con confianza nos seus proxectos, decide comezar a aventura e o reto persoal de ser escritora, publicando o seu primeiro conto.
A súa vida, marcada polo deporte desde a súa nenez, principalmente pola natación, proporcionoulle valores para a súa vida diaria, como son o respecto, a perseveranza, a igualdade, o esforzo e a superación, entre outros moitos.
Apaixonada da infancia e a educación, o que lle levou a formar parte da comunidade universitaria de Sevilla, sendo estudante do Grao de Educación Infantil, co soño de penetrase nuns anos nas aulas dos colexios como guía dos seus alumnos/ as, e descubrir xunto a eles as súas primeiras aprendizaxes.