Os populares de Sarria critican que a xestión do matadoiro por parte do Goberno local é "caótica"

SarriaXa
O PP de Sarria condena que “a única medida que propoña o alcalde en relación ao matadoiro municipal sexa a subida de taxas”, porque consideran que “o prioritario é aclarar a situación” e “determinar o déficit real”.
30 Nov 2023

O PP de Sarria condena que “a única medida que propoña o alcalde en relación ao matadoiro municipal sexa a subida de taxas”, porque consideran que “o prioritario é aclarar a situación” e “determinar o déficit real”.

Así o denunciou a portavoz popular, Carmen José López, que sinala que “antes de adoptar calquera medida, o que ten que facer o alcalde é chegar ao fondo do asunto e saber por que hai un burato de 176.000 euros nas contas do matadoiro municipal”.

Ademais, engadiu que “agora mesmo non procede abordar unha posible subida das taxas” porque “entendemos que as contas que se poidan facer estarían desvirtuadas polo burato na recadación de ingresos”.

A popular incidiu en que “a xestión do goberno local neste asunto é caótica, un descontrol absoluto, froito da falta de xestión e rigor, avalado polo alcalde que estaba advertido dende o 2022”.

“O goberno local debe adoptar as medidas necesarias para que o matadoiro municipal de Sarria sexa competitivo e, polo tanto, sexa viable e se garanta a súa continuidade. Hai que traballar para recuperar os usuarios que marcharon facer uso deste servizo a outros lugares”, segundo subliñan os populares, que tamén propoñen introducir melloras no servizo.

0.17237401008606