Os populares lamentan que “o primeiro ano deste mandato de Garrido estivese marcado polas irregularidades"

SarriaXa
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular fan balance do primeiro ano deste mandato do Goberno local de Camiña Sarria
Concelleiros-PP-Sarria
4 Jul 2024

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular fan balance do primeiro ano deste mandato do Goberno local de Camiña Sarria: “o goberno das subidas de taxas, as constantes irregularidades e o burato de 200.000 euros nos ingresos do servizo do matadoiro municipal”.

Os populares lamentan que “o primeiro ano deste mandato de Garrido estivese marcado polas irregularidades e unha falta de xestión que pretende que paguemos todos”. Concretamente, sosteñen que “a fatídica xestión de Garrido se puxo de manifesto en asuntos tan graves como as irregularidades no servizo domatadoiro, a denuncia do servizo de intervención municipal ante o Tribunal de Contas, os contratos caducados e a sucesión de paus xudiciais con sentenzas que demostran que Claudio Garrido leva anos mentindo aos veciños de Sarria”.

O Grupo Municipal Popular lembra que “Garrido iniciou xa este mandato coas irregularidades e a modificación ilegal do contrato da iluminación pública e que desde entón veuse producindo unha sucesión de despropósitos e situacións excepcionais como a perda da moción de confianza, a primeira en Concello de Sarria”.

Os concelleiros lamentan que “o Goberno de Camiña Sarria nin sequera dese explicacións de asuntos tan graves coma o burato de 200.000 euros no servizo do matadoiro municipal e que non se asumiran responsabilidades políticas respecto diso. É incomprensible e inasumible que pechase unilateralmente a comisión de investigación e que nin sequera tomasen a iniciativa de acudir ao Xulgado para tentar pescudar que pasou co diñeiro público”, incide a portavoz, Carmen José López.

A popular cre que “foi outro ano perdido para Sarria” porque “o goberno municipal non avanzou nos asuntos claves para o municipio”. De feito, “as únicas propostas de Garrido ao longo deste ano foron as das subidas de taxas e a solicitude de préstamos”.

Polo tanto, defende que “as dificultades deste último ano deberían levar ao goberno municipal a reflexionar sobre se verdadeiramente ten un proxecto para Sarria ou se o obxectivo, como parece, é unicamente aguantar o maior tempo posible no sillón sen importar os efectos das súas accións para o futuro do municipio”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15351986885071