Os profesionais de enfermería poderán optar a un posto de traballo dentro da residencia de maiores de Sarria

SarriaXa
A Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme de Sarria necesita cubrir unha praza de ATS/DUE con persoal interino cunha persoa que posúa o Grao de Enfermería ou teña o título de Diplomatura en Enfermería.
residencia maiores sarria
29 Sep 2023

A Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme de Sarria necesita cubrir unha praza de ATS/DUE con persoal interino cunha persoa que posúa o Grao de Enfermería ou teña o título de Diplomatura en Enfermería.

As persoas interesadas neste posto de traballo poderán presentar as súas instancias ao proceso selectivo ata o vindeiro luns, 2 de outubro no Concello de Sarria ou na sede electrónica do Concello, así como no rexistro doutras administracións ou nas oficinas de Correos.

Para este posto de traballo, as persoas interesadas deberán ter as características necesarias para traballar con persoas maiores e coñecementos técnicos de enfermería para desenvolver as funcións propias dun profesional da enfermería.

0.15087795257568