Os Reis Magos achegaranse ata o pavillón do Páramo este venres, 5 de xaneiro

SarriaXa
Este venres, 5 de xaneiro, a partir das 16.
Pavillón O Páramo
Pavillón O Páramo
3 Xan 2024

Este venres, 5 de xaneiro, a partir das 16.00 horas, os Reis Magos farán unha visita aos nenos e nenas do Concello do Páramo achegándose ao pavillón de deportes municipal.

Así, celebrarase unha gran festa para recibir ás súas maxestades na que os nenos e nenas do municipio poderán desfrutar de colchoneta, música e máis sorpresas que aínda non queren desvelar desde o Goberno local.

Ademais, os Reis Magos repartirán agasalos para os máis pequenos e pequenas do municipio que se acheguen a desfrutar desta actividade.

0.12858986854553