Os Reis Magos chegarán a Láncara cargados de agasallos

SarriaXa
O Concello de Láncara organiza a Cabalgata de Reis Magos o vindeiro 5 de xaneiro a partir das 16.
3 Xan 2023

O Concello de Láncara organiza a Cabalgata de Reis Magos o vindeiro 5 de xaneiro a partir das 16.30 horas no polifuncional do Campo da Feira.

Coa colaboración da Asociación cultural O Noso Lar, a xornada estará amenizada por actividades, obradoiros e xogos para os máis pequenos que veñan recibir ás súas maxestades.

Ademais, os nenos e nenas do Concello recibirán agasallos, xa que os Reis virán cargados deles para repartir entre todos.

Para acompañar este día tan especial, o Concello traerá tamén unha chocolatada para desfrutar dunha merenda en compañía dos veciños e veciñas.

0.087551116943359