Os Reis Magos percorrerán a vila e o rural do municipio de Sarria

SarriaXa
O Concello de Sarria acollerá este xoves, 5 de xaneiro, a cabalgata de Reis Magos que percorrerá o centro da vila e o rural durante todo o día.
4 Xan 2023

O Concello de Sarria acollerá este xoves, 5 de xaneiro, a cabalgata de Reis Magos que percorrerá o centro da vila e o rural durante todo o día.

Con esta iniciativa, os Reis Magos queren levar os seus agasallos a todos os nenos e nenas do municipio para que ningún se quede sen eles.

A cabalgata comezará a partir das 18.00 horas, que sairá desde a Feculeira. As súas maxestades percorrerán a rúa da Liberdade, a rúa Diego Pazos e a rúa Matías López ata a Praza da Vila, onde está a pista de xeo.

Durante todo o día, pola mañá e pola tarde, tamén aproveitarán para pasar polas zonas rurais do Concello co obxectivo de que ningún neno nin nena quede sen agasallos.

Lugares polos que pasarán os Reis Magos

Pola mañá, os Reis Magos estarán no Colexio de San Fiz de Reimóndez (Callás e Cesar, ás 10.00 horas), no Colexio de San Pedro de Froián (Vilaesteva, Calvor, San Pedro e San Mamede da Chanca, 10.15 horas), Colexio da Pena (ás 10.45 horas), no Colexio de Loureiro (Castelo, Lavandeira e Sisto, ás 11.15 horas), no Colexio de San Saturniño (ás 11.45 horas), no Pavillón de Oural (ás 12.15 horas), en Nespereira (cruce de Airexe, ás 12.45 horas), na entrada a Vilagudín (ás 13.00 horas), no Colexio de Vilamaior(ás 13.15 horas), no Colexio de Santo André (ás 13.30 horas) e en Biville, Meixente (en Monte do Chan, fronte a Casa Trande, ás 14.00 horas).

Xa pola tarde, o percorrido dos Reis Magos polo rural sarrián retomarase no Colexio de Goián (ás 16.30 horas), en Santalla (ás 17.00 horas), en Treilán (ás 17.15 horas), no Colexio e Vilapedre (ás 17.30 horas), no Colexio de Céltigos (ás 18.00 horas), no Colexio de Veiga (ás 18.30 horas), no Colexio de Manán (ás 19.00 horas), no Colexio de Fonteabuín (ás 19.30 horas), no Colexio de Corbelle (ás 19.45 horas), no Colexio de Louseiro (ás 20.00 horas), no Colexio de Vilar de Sarria (ás 20.30 horas) e finalizará no Colexio de Farbán (ás 21.00 horas).

0.17316389083862