Os Reis Magos percorreron a vila de Sarria nun percorrido no que participaron centos de persoas
A vila de Sarria encheuse de ilusión, maxia e cor da man dos Reis Magos, que xuntaron a centos de persoas que saíron a rúa para participar desta iniciativa única.
Así, a partir das 18.00 horas, Gaspar, Melchor e Baltasar saíron da Feculeira para percorrer as rúas ata a rúa da Liberdade e desde aí desprazáronse ata a rúa Diego Pazos para logo seguir o seu camiño ata a rúa Matías López e finalizar na praza da Vila.
Ademais, foron moitas as carrozas que acompañaron este desfile, así como moitos nenos e nenas participaron como paxes reais, seguindo aos Reis Magos nunha tarde diferente.
Por outra parte, unha das novidades deste ano foi a decisión de baixar o volume da música ata un son moderado na rúa da Liberdade entre o cruce da Avenida Portomarín co da rúa Pedro Seco co obxectivo de pensar nas persoas con hipersensibilidade acústica.