Os Reis Magos visitarán aos usuarios da residencia A Veiga, en Láncara
O próximo 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitarán a residencia A Veiga, en Láncara, para celebrar o Día de Reis cunha xornada chea de alegría e ilusión dirixida tanto aos máis maiores como aos máis pequenos do municipio.
A programación comezará cunha visita especial á residencia A Veiga, onde os Reis Magos levarán momentos de alegría aos maiores da localidade.
Posteriormente, a partir das 18.00 horas, os máis novos serán os protagonistas no Polifuncional do Campo da Feira, ondeos Reis, acompañados polos paxes reais, repartirán caramelos e agasallos para todos os nenos e nenas.
Tras a visita dos Reis Magos, a festa continuará cunha animada festa infantil, chea de diversión e actividades para toda a familia.
Para poñer un doce final á xornada, ofreceranse uns deliciosos churros con chocolate, preparados co mimo e a experiencia das mulleres rurais da Asociación 'O Noso Lar'.
Esta celebración busca manter viva a maxia do Día de Reis, unindo á comunidade nunha tarde repleta de sorrisos, ilusión e tradición.