Os sábados desenvolveranse clases de manualidades en Samos

SarriaXa
As veciñas e veciños de Samos poderán participar dunha nova actividade que consiste en clases de manualidades e que conta coa colaboración do Concello para poder desenvolverse.
Manualidades Samos
5 Out 2023

As veciñas e veciños de Samos poderán participar dunha nova actividade que consiste en clases de manualidades e que conta coa colaboración do Concello para poder desenvolverse.

Así, todas as persoas interesadas en participar, de calquera idade, poderán apuntarse ata o vindeiro xoves, 12 de outubro, contactando cos organizadores a través do número 676 283 578.

Durante esta iniciativa, que se desenvolverá os sábados pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, as persoas participantes poderán desenvolver tarefas de debuxo, pintura, restauración, tapicería e máis.

0.083225011825562