Os sarriaos poderán gañar vales para os comercios locais pola súa decoración de Nadal
O Concello de Sarria organiza un concurso de decoración de Nadal 2021. Para participar será preciso que as persoas residan de maneira permanente ou temporal no Concello de Sarria, podendo ser a participación de forma individual ou colectiva sempre que o proxecto se realice dentro do término municipal de Sarria. Quedando excluídas as fachadas dos establecementos e comercios.
A inscrición das asociacións veciñais ou comunidades deberá realizarse por un representante.
A decoración terá que gardar relación co Nadal sendo totalmente liberdade no deseño e utilización de materiais e elementos decorativos. As decoracións manteranse instaladas ata o 7 de xaneiro, a montaxe e retirada do mesmo será levado a cabo por cada participante.
Tan só haberá unha modalidade de participación poderase presentar decoracións de balcóns, fachadas, ventás, terrazas, xardíns ou portas exteriores e decoracións interiores do fogar como mesas, árbores, beléns ou recibidores.
A inscrición poderá realizarse ata o día 22 de decembro a través do Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Sarria en horario de 9.00 a 14.00 horas ou enviando un correo a rexistro@sarria.es coa ficha de inscrición e fotografía ou vídeo do proxecto.
Haberá un total de 10 premios que serán tarxetas regalo válidas para comprar en comercios sarriaos. O primeiro premio obterá un vale dun valor de 300 euros, o segundo 250 euros, o terceiro 200 euros, o cuarto 150 euros, o quinto 100 euros e o sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo serán tarxetas de 50 euros.
O xurado valorará as composicións e deseños acordes co Nadal e respectuosas co entorno, a iluminación e materiais empregados, a orixinalidade, a creatividade, a combinación de elementos e cores e o contido didáctico do proxecto.