Os socialistas da provincia firman un manifesto de apoio á investidura de Pedro Sánchez

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, asinou este domingo en Madrid un manifesto de apoio a Pedro Sánchez para formar un goberno progresista que dea continuidade aos últimos cinco anos de avances en España.
Presentacion manifesto psoe pedro sanchez
2 Out 2023

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, asinou este domingo en Madrid un manifesto de apoio a Pedro Sánchez para formar un goberno progresista que dea continuidade aos últimos cinco anos de avances en España. A firma tivo lugar logo dunha reunión na Escola Julián Besteiro, na que participaron as Secretarias e Secretarios Xerais Provinciais e Insulares do PSOE, Primeiros e Primeiras Secretarios das Federacións do PSC e Representantes das Federacións Uniprovinciais do PSOE. Todos asinaron o documento.

Tras o encontro, o Secretario Xeral do PSOE de Badaxoz, Rafael Lemus, o Secretario Xeral do PSOE de León, Javier Cendón, e a Secretaria Xeral do PSOE de Huelva, Maru Limón, foron os encargados de presentar dito manifesto, no que os dirixentes apoian e animan “a Pedro Sánchez a traballar para lograr de novo a súa investidura como presidente do Goberno”. “A confianza en el é a confianza que depositamos na formación dun Executivo progresista que abra unha nova etapa de avances sociais, en favor dunha democracia asentada na igualdade de xénero, na convivencia que descansa no recoñecemento da diversidade de España, da súa memoria democrática e do seu espírito de convivencia”, relata o texto.

“Afrontamos esta nova etapa con plena ilusión e determinación. Pedímoslle a Pedro Sánchez, o noso Secretario Xeral, que a encabece para conformar un Goberno de progreso e convivencia. O Goberno dunha España moderna, social, feminista, europeísta, de referencia en dereitos e liberdades. Unha España en paz”, continúa o documento, que detalla que “fronte a unha estratexia política de terra queimada, que o fía todo ás descualificacións e ao ataque persoal ao noso Secretario Xeral, imos a facer valer todo o respecto que o PSOE merece, porque os logros do Goberno de coalición progresista foron evidentes e transcendentais para o avance do noso país”, como as políticas de creación de emprego, a reforma do mercado laboral, o compromiso coa igualdade de xénero e a ampliación de dereitos e liberdades da cidadanía e a sensibilidade democrática coa aprobación da Ley de Memoria Democrática.


Que o PP abandone a radicalidade e o insulto

O manifesto lembra que o 23X a expresión das urnas foi clara cun “NO a Feijoo, constatado no Parlamento e o compromiso do PSOE é formar un goberno de progreso con Sumar para revalidar os acordos que tan bos resultados deron na pasada lexislatura e que foron referendados” nos comicios.

“PP e VOX pediron o voto para derogar a obra dun goberno progresista cunha estratexia baseada exclusivamente no insulto e a mentira. Unha porta que fracasou o 23 de xullo. Se PP e VOX tiveran tido os votos suficientes, hoxe España tería un goberno da dereita e a ultradereita. Exactamente igual que ocorreu en todas as comunidades e concellos nos que sumaron, aínda que o Partido Socialista fose a forza máis votada en moitos deles”.

O manifesto sostén que “é evidente, ao PP de hoxe non lle gusta o PSOE de hoxe, como ao PP de antes tampouco lle gustaba o PSOE de antes. Pero esiximos o abandono do insulto e da mentira como forma de facer política. Do mesmo modo que esiximos que o PP volva ao consenso constitucional poñendo fin ao bloqueo ao que someteu ao órgano de goberno dos xuíces durante o último lustro. Non pedimos o apoio do PP para gobernar, os nosos proxectos políticos son moi diferentes. Pero si esiximos ao PP que abandone a radicalidade do seu abrazo coa ultradereita e volva ao respecto aos consensos básicos”.

O expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, xa firmou este manifesto que se pode ler e apoiar neste enlace.

0.14455914497375