O Partido Socialista sarriao denuncia que se están a repartir papeletas das eleccións de 2015 para "provocar votos nulos"

SarriaXa
Os socialistas de Sarria denuncian que se están a repartir papeletas das eleccións de 2015 para "provocar votos nulos ao PSOE"
votacion eleccions
24 Maio 2023

O Partido Socialista de Sarria denuncia que alguén está facendo buzoneo con papeletas de eleccións municipais pasadas "coa evidente intención de provocar votos nulos para o noso partido este domingo, día das eleccións municipais".

Estas papeletas, explican desde o PSOE, correspóndense coas do ano 2015, cando a cabeza de lista era Pilar López  e Claudio Garrido, primeiro suplente dos socialistas en Sarria.

Así, piden que toda a veciñanza sarriá revise as papeletas para "evitar o erro e que nos manteñades informados de calquera incidencia", como tamén apuntan a que poden denunciar na Guardia Civil.

"Queremos recordar que unhas eleccións son algo moi serio, a máxima expresión da democracia. Actos de sabotaxe como este son constitutivos de delito, por iso interpuxemos denuncia ante a Garda Civil de Sarria. Na política non todo vale", sentenzan desde o partido vermello.

0.18146204948425