Os Special Olympics Galicia tiveron lugar en Sarria este fin de semana con moita aceptación social
Os XXVI Xogos Autonómicos de campo a través e petanca de Special Olympics Galicia desenvolvéronse o sábado no campo de rugby e no pavillón municipal de Sarria.
O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu á inauguración deste evento, onde fixo fincapé na importancia que ten o deporte como vehículo para favorecer a autoestima, a capacidade de superación, as relacións sociais e a plena inclusión.
Ademais, destacou o traballo que realiza neste eido os 365 días do ano e a pé de campo Special Olympics Galicia.
Pola súa parte, desde o Partido Popular de Sarria aplaudiron esta iniciativa dos Special Olympics Galicia, que "persegue a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte, o ocio, a cultura".