Os subcampións de España de salmónidos de mosca son socios do Clube de Pesca Río Neira
Galicia queda subcampioa de España de salmonidos de mosca lago sendo todos os participantes do equipo socios do Clube de pesca Río Neira. Ademais, nesta competición tamén destacou a vitoria individual de David Arcay que tamén quedou subcampión.
O Campionato de España de seleccións Autonómicas Salmónidos Mosca Lago-Orilla foi convocado pola Federación Española de Pesca e Cásting e organizado pola Federación de Pesca de Castela e León baixo a supervisión do Comité Técnico da especialidade.
A competición tivo lugar no Lago Llanillo, en Llanillo de Valdelucio, Burgos, entre o 24 e 26 de marzo.
O equipo galego, acadou unha puntuación final de 328600 puntos. Estaba formado polos pescadores David Arcay Fernández, que tamén quedou subcampión na categoría individual, Javier López González que conseguiu o posto 39 na categoría individual, Jesús Francisco Bolaño García, que acabou de 18 e Alejandro Pérez Trébole que quedou de 20.
En total participaron 65 deportistas onde o primeiro e segundo ascenderon ao alto nivel Nacional de Salmónidos Mosca.