Os usuarios de garaxes nas beirarrúas de Sarria deberán identificalos coa placa de vao permanente

SarriaXa
O Concello de Sarria abre un período de regularización voluntaria dos garaxes dos veciños e veciñas da vila que teñan que entrar e saír cos seus vehículos pola beirarrúa e que non conteñen placa de vao permanente.
9 Xan 2024

O Concello de Sarria abre un período de regularización voluntaria dos garaxes dos veciños e veciñas da vila que teñan que entrar e saír cos seus vehículos pola beirarrúa e que non conteñen placa de vao permanente.

Así, o alcalde, Claudio Garrido, lembrou que os usuarios destes garaxes teñen a obriga de solicitar ata o 5 de febreiro, e obter por parte do Concello, a acreditación, identificada coa placa de vao permanente, para poder utilizalos.

Esta iniciativa ponse en marchar despois de detectar a existencia de garaxes que non cumpren co mandato municipal, e o rexedor aproveitou para lembrar que ningún vehículo pode conducir polas beirarrúas nin polo resto de zonas peonís.

O Goberno local tamén estableceu que os propietarios dun inmoble ou leira que non teñan a autorización, pero que continúen permitindo a entrada e saída de vehículos a través das beirarrúas, terán inhabilitado o punto de acceso á vía pública por parte do persoal municipal ou da Policía Local.

Taxa de recollida de residuos

O Concello de Sarria tamén iniciou o proceso de regularización do padrón municipal de recollida de residuos sólidos urbanos para dar de alta os inmobles que non pagan por este servizo, que durará ata o 5 de febreiro.

O Goberno local lembra que o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos é de recepción obrigatoria polo seu carácter hixiénico-sanitario e só os propietarios de vivendas ou locais en estado ruinoso están exentos de pagar a taxa.

Calquera persoa titular de calquera dereito de ocupación dos inmobles situados na zona de cobertura do servizo deberá adherirse ao programa do Concello, se non, este actuará de oficio.

0.076653003692627