Os usuarios do servizo de madrugadores de Samos poderán recibir unha axuda do Plan Corresponsables

SarriaXa
O Concello de Samos consegue que se aprobe o Plan Corresponsables da Xunta de Galicia para Samos, o cal vai orientado a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo.
11 Maio 2024

O Concello de Samos consegue que se aprobe o Plan Corresponsables da Xunta de Galicia para Samos, o cal vai orientado a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo.

Neste caso, a subvención, que é de 8.849,21 euros, irá destinada a todos aqueles nenos e nenas que durante o curso escolar sexan usuarios do servizo de madrugadores, tanto de mañá como de tarde.

"Isto supón un paso moi grande para a conciliación no noso Concello, xa que abre a posibilidade de que os nosos nenos e nenas non se teñan que desprazar a outros colexios da contorna por incompatibilidade de horarios", explican.

Así, din que dende o Concello seguirase a traballar conxuntamente tanto co colexio como coa Anpa "para poder mellorar os servizos, que ao fin e ao cabo, non só benefician aos nenos e nenas, senón tamén ao corpo docente e a todas as familias".

0.16081404685974