Os veciños de Mondaveiga, en Samos, celebran as súas festas

SarriaXa
O venres haberá unha pancetada ás 22.00 horas, seguida de verbena co dúo Tropical e Suso de Boente
Fogos artificiais
Foto recurso
29 Xul 2024

Mondaveiga, en Samos, celebra os próximos 2 e 3 de agosto as festas na honra a San Roque, San Antonio e Santa Cruz.

O venres haberá unha pancetada ás 22.00 horas, seguida de verbena co dúo Tropical e Suso de Boente.

A celebración continúa o sábado no que, ademais da sesión vermú co Grupo Carpe Diem, que estará acompañado polo Dj Min á noite, terán pase de tarde a cargo dunha charanga.

0.17688512802124