Os veciños de Samos poden consultar o borrador do Plan Básico
SarriaXa
O Concello de Samos informa de que todas as persoas que queiran botarlle un ollo ao borrador do Plan Básico, pode facelo en horario de oficina de 9.
23 Sep 2023
O Concello de Samos informa de que todas as persoas que queiran botarlle un ollo ao borrador do Plan Básico, pode facelo en horario de oficina de 9.00 a 14.30 horas de luns a venres ata o vindeiro 6 de outubro.
Este documento inclúe a ordenación do territorio, especifica a normativa de edificación e detalla as instalacións e edificios públicos e os bens do patrimonio cultural e natural do Concello de Samos.
As persoas que crean necesaria facer unha modificación deste plan básico poderán solicitar cita os xoves de 10.00 a 13.00 horas e desde o goberno local din que recibirán a todas as persoas interesadas en facer algunha aportación.