Os veciños do Incio poden anotarse nas clases de baile e de salón en Eirexalba

SarriaXa
O Concello do Incio amplía a súa oferta de actividades.
casa do concello de O Incio
22 Out 2023

O Concello do Incio amplía a súa oferta de actividades. Na programación inclúense clases de baile latino e de salón en Eirexalba. A actividade organizarase no pavillón polideportivo de Eirexalba.

A proposta comeza o vindeiro venres día 3 e organizaranse todos os venres de 19.00 a 20.30 horas. Os interesados xa poden matricularse acudindo presencialmente ao Concello.

Tamén se pode realizar a inscrición a través do teléfono 982 427 014. Os usuarios deberán abonar as taxas de 10 euros para poder participar no curso.

clases de baile latino e de salon eirexalba o incio
0.088670015335083