Os veciños do Incio poderán participar en dous obradoiros de coroas de Nadal

SarriaXa
O Concello do Incio continúa aumentando as propostas que conforman o seu programa para as próximas festas.
decoracion nadal incio
decoracion nadal incio
29 Nov 2023

O Concello do Incio continúa aumentando as propostas que conforman o seu programa para as próximas festas. Deste xeito, pon en marcha dous novos obradoiros de coroas de Nadal para adultos.

As actividades organizadas no multiusos do Concello terán lugar os días 3 e 17 de decembro. O prezo é de dez euros co material incluído.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deben anotarse no Concello ou no 982 427 014.

talleres coroas nadal o incio
0.078096866607666