Os veciños do Páramo poden anotarse a pilates e a ximnasia de mantemento
SarriaXa
O Concello do Páramo organiza dúas novas propostas deportivas dirixidas aos maiores.
26 Oct 2023
O Concello do Páramo organiza dúas novas propostas deportivas dirixidas aos maiores. Deste xeito, os veciños, pois teñen preferencia as persoas empadroadas, poden anotarse a ximnasia de mantemento e a pilates.
As actividades comezan o vindeiro xoves 2 de novembro. A ximnasia de mantemento será todos os martes de 21.15 a 22.15 horas, mentres que as clases de pilates terán lugar os xoves de 21.15 a 22.15 horas.
Os interesados poden inscribirse en calquera das dúas propostas ata o vindeiro martes 31, data límite para poder anotarse.