Os veciños e veciñas de Láncara serán informados sobre o novo sistema de recollida e xestión do lixo
O Concello de Láncara levará a cabo unha xornada informativa sobre o novo sistema de recollida e xestión do lixo a partir das 10.30 horas coincidindo coa feira, onde haberá un posto informativo onde se explicará o proxecto.
Desta maneira, as persoas residentes na Pobra de San Xiao poderán recoller un caldeiro para separar os residuos orgánicos na casa e un pack de bolsas compostables para empregar co contedor marrón.
Ademais, pola tarde, desde as 15.30 horas, o posto trasladarase á Praza dos Labregos para continuar coa campaña de sensibilización e o reparto de material.
E, tamén, o persoal técnico visitará as casas da urbanización Valdriz para informar sobre o novo Centro de Compostaxe Comunitaria (CCC), que se instalará nesta zona para xestionar os residuos orgánicos.